Os nenos e nenas de 4º de Primaria pasámolo fenomenal bailando e debuxando polo Samaín:
En 6º de Primaria, ademais de realizar a nosa particular versión de decoración e cabazas en papel, tamén deseñamos máscaras terroríficas como variación das máscaras que adoitabamos levar outros anos cos nosos disfraces.
A maiores aproveitando o tema da toponimia que estábamos a ver en Galicia descubrimos o porque dos nomes dalgúns lugares máxicos de Galicia e narramos entre todas o conto "O noso Samaín", un contacontos baseado no libro da escritora Lorettta Birott Bermejo, Editorial Galaxia. Se queredes visualizalo, velaquí volo deixamos:
Nas aulas organizamos aterrecedores obradoiros de escrita, coma este que levamos a cabo en 2º de Primaria:
En 3º de Primaria realizamos un taller de Plástica:
Ningún comentario:
Publicar un comentario