23/10/20

Día das Bibliotecas Escolares 2020

O 24 de outubro de 2020, celebramos o Día das Bibliotecas. A edición deste ano, baixo o lema "Bibliotecas, sempre ao teu carón", céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia.
Pincha AQUÍ para ver as fotos das Bibliotecas de Aula
Normalmente, organizariamos unha xuntanza todo o cole para dar a coñecer as Bibliotecas de Aula, a mascota da biblio "O Berberecho Checho", o noso blog "O murmurio das palabras"..., pero esta ano non vai poder ser presencial por mor do coronavirus. Malia todo, as nosas compañeiras de 6º de Primaria (Daniela, Antía, Hanna, María I., Nerea, Noemi, María V. e Laura), realizaron un fantástico labor participando na elaboración da seguinte presentación do Día das Bibliotecas Escolares 2020 para que todo o colexio puidese celebrar este día:

Lembrade que este curso unha morea de libros da Biblio do Checho viaxarán por todas Bibliotecas de Aula do cole. Sen movernos da escola ou da casa, imos poder recorrer, visitar, investigar, descubrir, explorar... fantásticos lugares. 
Feliz Día das Bibliotecas Escolares!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario