26/10/22

24 de outubro: Día das Bibliotecas Escolares

 Cantas cousas pasaron o 24 de outubro no cole!!!!

Xa o venres recibimos carta de Checho na que nos contaba que o 24 se celebraba o Día das Bibliotecas Escolares. Pero tamén nos dicía que, a diferenza doutros anos, este, a biblioteca non podería abrir porque os libros estaban todos alporizados. 

Decidiron facer unha especie de motín porque non caben!!!

Na súa carta contounos, por exemplo, que se manifestaron con consignas como:

CON ESTE MOGOLLÓN, A LECTURA É UN TOSTÓN”

ASÍ TAN APERTADOS ,ESTAMOS AMOLADOS”

SE ME QUEREDES USAR, FACÉDEME LIBERAR”

TAPA PEGADA A TAPA, NON SOMOS SARDIÑAS EN LATA”

QUEREMOS SAÍR, ASÍ NON SE PODE VIVIR” 

 

Así que, ata que se aclaren, a biblioteca estará pechada. Pero algúns, os máis aventureiros, decidiron marchar e metéronse nas Mochilas Viaxeiras. Chiña decidiu axudalos a fuxir, levándoos ás aulas. 


E para rematar o día, pasámolo de medo co obradoiro "Resolvendo un misterio": fabricamos sangue artificial, recollemos pegadas dactilares, descubrimos que hai cousas que so se ven con certo tipo de luces; observamos pelos, pel, fibras da roupa... co microscopio. Podedes velo no seguinte vídeo:


 


 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario