17/10/22

ALERTA!!! Na biblioteca están a pasar cousas: Obradoiro "Resolvendo un misterio"

 Ola a todas/os!
Na biblioteca de Checho están pasando cousas moi raras: 

Desaparecen libros dos andeis, hai caixas de cartón polo medio, carteis que poñen "libros que se quedan", cada día aparece máis desordenada,...

Poderemos abrir o día 24, Día das bibliotecas?

Será que se achega o Samaín? Será que Checho ou Chiña andan a enredar?

Non o sabemos, pero semella ser a escena dun crime!!!! 

E se fora así, seriamos capaces de resolver crimes?


Ven descubrilo acompañado dun adulto!!!


O próximo 24/10/22, a partires das 16:30, converterémonos en detectives!!! coa axuda do equipo de Ceo Aberto e David Ballesteros. 
 
Que non sabedes quen é David? 
Como sería moi longo de explicar, mellor que o vexades. David é, entre outras cousas divulgador científico e como tal, participa nos programas da TVG (preme para velos):

 
AQUELANDO    
 
Que faremos?
Os participantes atoparán a escena dun crime xa acordoada pola policía científica. Nela atópanse todo tipo de elementos, desde restos dun zume a rastros de sangue (artificial) ou impresións dixitais.  
Levaremos a cabo, entre outras,  as seguintes actividades:
  • Extracción de pegadas dixitais. 
  • Elaboración de retratos robot e análise biomecánicos. 
  • Realización de cromatografías de tintas. 
  • Determinación experimental do pH 
  • Análise de rastros de sangue. 
  • Experiencias de quimioluminiscencia. 

APUNTÁDEVOS CHAMANDO AO COLE!!!

SO TEMOS PRAZA PARA 25 DETECTIVES !!!

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario