27/04/24

Semana do Libro: Encontros literarios

Nunca se sabe onde pode haber un gran escritor ou escritora. Ás veces está ao noso carón e non o sabemos. 

Isto é o que nos ocorreu esta semana: descubrimos que Begoña, a avoa de Miguel, é unha gran escritora e non podiamos perder a oportunidade de contar con ela para celebrar a semana do libro.

Por iso a invitamos a ter uns encontros literarios co alumnado para que lle contase como comezou a escribir, por que escribe, para quen,... e ademais compartise con nós algunhas das súas obras

Foi unha experiencia marabillosa para todos/as 


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario