12/05/24

Maio da Carballeira e Día de Europa

A festa dos maios adoita celebrarse o día 1, pero co tempo meteorolóxico que tivemos, na Carballeira pospuxémolo ata o día 10, así que aproveitamos tamén que o día 9 se celebra o "Día de Europa", e en lugar de facerlle ao noso maio unha coroa máis tradicional, fixémoslle unha coroa moi europea, rematándoa coas bandeiras de todos os países da Unión, algún deles traballado tamén no PDI "Vinculados".

O noso maio foi posible grazas á colaboración das familias, que foron as que aportaron material vexetal suficiente para facelo e grazas a todo o alumnado e profesorado, que pasou tempo traballando na súa elaboración, seleccionando e cortando flores e fiuncho, coséndoos, colocándoo, creando e ensaiando as coplas,... un proceso longo e laborioso, pero moi satisfactorio. 

Vistes que o noso maio tiña un colar de ovos? Pois mirade quen o fixo e que ben o pasaron facéndoo!!!


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario