30/05/24

PROXECTO DE CIENCIA CIDADÁ: Mosquito Alert

 O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou este curso nun proxecto de ciencia cidadá. A investigación trata de estudar os mosquitos e a proliferación do mosquito tigre no territorio español. O proxecto está dirixido por un grupo de científicos cataláns que precisa da nosa axuda para a recolección de mostras. Así, tanto 5º como 6º puxéronse mans á obra estudando os diferentes tipos de mosquitos, as súas fases de crecemento, lugares de cría...

 Tamén tivemos conexión directa cos científicos do proxecto a través dunha videoconferencia para resolver as nosas dúbidas. Despois de todas estas tarefas de investigación saímos á "caza" de mosquitos e dos posibles lugares de cría que pode haber na nosa contorna. Coa axuda das familias que nos guiaron por Lourizán, analizamos os regatos, augas estancas, imbornais e lavadoiros. Podemos dicir que atopamos algunhas mostras e de volta no cole as analizamos e conservamos en alcohol para enviar aos científicos. 

Esperamos que o noso traballo fora de gran axuda para a súa investigación !!!







Black and White Doodle Hello Summer Vibes Photo Collage de sorayagonzalez414

 Ademais, como aprendemos moitas cousas sobre os mosquitos o alumnado elaborou un folleto informativo que inclúe consellos para evitar que críen nas nosas casas e unha infografía na que se compara o mosquito común co mosquito tigre



 E aquí tedes a todos/as repartindo o folleto entre as familias


 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario