05/06/24

VINCULADOS CON AUSTRALIA

 Dentro do noso proxecto de centro VINCULADOS, dende seccións bilingües e lingua estranxeira, levamos a cabo un proxecto de intercambio con alumnado de moi lonxe, pero moi moi lonxe. Nin máis nin menos, o alumnado de 5º e 6º de primaria estableceron contacto cun centro de Australia!!!!!!

Aínda que a diferencia horaria non xogaba ao noso favor, establecimos contacto con eles e elas. Presentámonos e ensinámoslle onde vivíamos, que comíamos, como festexábamos... Para que nos coñecesen un pouquiño mellor.

Con isto, presentamos o seguinte vídeo onde expoñemos gran parte do noso traballo! Falando en inglés, castelán e galego! Que non se diga que non coñecemos e utilizamos diferentes linguas!

Estamos moi emocionados esperando a súa resposta!







Ningún comentario:

Publicar un comentario