20/06/24

CINEMA CLUB

 O alumnado de 3º e 4º de Primaria estivo traballando nun proxecto ao longo do curso dende a área de plástica e educación audiovisual. 

Convertéronse en directores/as, cámaras, actores e actrices e deseñaron a súa propia película. 

Primeiro aprendimos un pouco de teoría e historia do cine e despois, puxémonos mans á obra deseñando o  noso story board, elaborando os materiais, ensaiando... ensaiando moito! 

Finalmente deseñamos os nosos carteis para a difusión das nosas películas e practicamos a presentación das mesmas.

Hoxe a Carballeira encheuse de Cine!!! Puidemos visionar todas as súas creacións e facer unha charla-coloquio sobre as memas.

Moitas grazas pola vosa arte!!!!!









Ningún comentario:

Publicar un comentario