27/06/24

No verán: Un bo momento para cociñar as receitas do obradoiro de cociña

Como sabedes, fai unhas semanas fixemos un obradoiro de cociña usando so vexetais. 

Cada curso cociñou distintos pratos, por iso, parécenos unha boa idea compartir con vós todo o receitario, para que poidades, ou ben reproducir os pratos que fixeron os/as vosos/as fillos/as, ou ben cociñar outros novos. 

Se o facedes, lembrade facelo con eles/as, xa que pola experiencia dese día, podemos dicirvos que son uns/nhas grandes chefs. ANIMÁDEMOS!!!

FELIZ VERÁN A TODOS/AS!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario