10/06/24

Somos un dos 5 centros nominados ao premio final de Mosquito Alert

Como sabedes, o alumnado de 5º e 6º participou este curso no proxecto de ciencia cidadá "Mosquito Alert", dentro da categoría de Recolectores de mostras

Este proxecto, que se deselvolve en todo o país, porá o seu punto e final cun acto en Madrid, o próximo venres día 14, na sede central do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) no que se recoñecerán os mellores traballos de entre todos os participantes. Nós non poderemos asistir a este acto, pero...

...o sábado déronnos unha sorpresa. 

Recibimos a seguinte mensaxe dos responsables de Mosquito Alert:

 

Parabéns ao alumnado de 5º e 6º 
polo seu gran traballo!!! 
 
Deixámosvos o vídeo de presentación dos nosos produtos que se proxectará en Madrid

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario