07/06/24

CPInnova: Obradoiro de cociña e Megareto superado!!!!


Ao longo do pasado luns e martes gozamos no centro da II Edición do Obradoiro "Coñecer e cociñar o que vén da terra" no que, seguindo co que aprendemos o ano pasado sobre as hortalizas, froitas, cereais, legumes, froitos secos e froitas secas, elaboramos unha serie de receitas empregando produtos de tempada, saudables e de compra local, e tratando de evitar todos os residuos posibles! Ademais, puxemos en común a información recollida por todos os cursos sobre compra local e de residuo 0 en Marín, Pontevedra e arredores!

Puidemos poñer en práctica as nosas dotes pelando, cortando, pesando, amasando... e entre outras receitas, o alumnado preparou distintas galletas (empregando cereais variados e incluso legumes!), xeados de froitas, panciños para hamburguesa, tortitas de avea e plátano, madalenas de cenoria, roliños de verán, polos de sandía...e ata sushi de verduras e froitas!

Todo isto tomando boa conta das receitas, para poder repetir as nosas favoritas na casa! Animádesvos? 


 

 

MEGA RETO RR0  CONSEGUIDO!!!!!

Hoxe, día dos océanos, celebramos con entusiasmo o noso logro.
Nunha semana non xeramos no cole ningún residuo:  0 plásticos e 0 papeis !!!
Estamos orgullos@s de coidar o medioambiente e os nosos océanos. Non queremos ver tartarugas enredadas en plásticos nin microplásticos na area das nosas praias.
Lembrade escoller produtos sen plásticos e reutilizar as bolsas.
Moitas grazas a toda a comunidade educativa e en especial ás familias que xa non mandan plásticos nin papeis nas merendas.

E xa sabedes, o día 20....MEGA RECREO!!!! 

ÁNIMO CARBALLEIRA! Imos polo bo camiño.




 

Ningún comentario:

Publicar un comentario