Que mellor maneira de conmemorar o día das bibliotecas que facendo unha sesión de contacontos para todas as familias?
O 23 de outubro estiveron con nós Olalla González e Marc Taeger, e tivemos a biblioteca chea de público de todas as idades. Grazas, familias, por acompañarnos e pasalo ben con Marc e Olalla.
E o 24 o alumnado recolleu na biblioteca a mochila viaxeira, que xa está a funcionar.
Mirade que contentos/as están todos/as
Ningún comentario:
Publicar un comentario