25/10/24

Cabazas e ODS

 

Arrancamos co PDI deste curso!!!!

 


Este curso cada grupo traballará algún dos ODS (Obxectivos de desenvolvemento sostible). 

E en que consiste unha ODSCABAZA? 

Pois fácil, nunha cabaza relacionada co ODS que se traballa en cada grupo. 

Aínda que soe difícil, todos os anos pensamos que non ides ser capaces e todos os anos nos sorprendedes coa vosa imaxinación, creatividade e traballo. Sabemos que este ano tamén o faredes. 

Confiamos plenamente en que seredes quen de facer unha magnífica cabaza relacionada co ODS do voso curso, así que vos deixamos unha táboa con todos eles


Grupo

ODS

Como pode ser a miña cabaza?

4º EI e 6º EI

Nº 2: Auga e saneamento

Decoración relacionada coa auga e os seus usos: beber, aseo, cociña; co rego; coa rede de sumidoiros,...

5º EI

Nº 13: Acción polo clima

Decoración relacionada co cambio climático, coa subida das temperaturas, coa redución de gases de efecto invernadoiro,...

1º e 2º EP

Nº 15:Vida de ecosistemas terrestres

Decoración relacionada coa protección dos bosques, coa loita contra a desertificación, coa protección de plantas e animais terrestres,...

3º EP

Nº 2: Fame cero

Decoración relacionada coa agricultura sostible, a boa nutrición,...

4º EP

Nº 14: Vida submarina

Decoración relacionada cos océanos, a pesca sostible, a reutilización de redes,...

5º EP

Nº 3: Saúde e benestar

Decoración relacionada coa saúde, vacinas, enfermidades,...

6º EP

Nº 8 e 9: Traballo decente e industria e innovación

Decoración relacionada coa industria non contaminante, co traballo digno, decorada innovando cos materiais,...

Esperamos con ansia as vosas creacións!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario