"Hora de ler" é unha actividade anual que levamos a cabo no cole para promocionar a animación á lectura e fomentar o hábito lector entre o alumnado. Deste xeito, os nenos e nenas len textos en distintos formatos e rexistros (contos, poemas, teatro, prensa ...).
Os nenos e nenas de 1º de Primaria, unha vez traballadas todas as letras no primeiro trimestre, adican parte desta sesión a realizar lecturas colectivas en voz alta. Cada rapaz e rapaza le un anaco do texto, mentres, os demais compañeiros ségueno en voz baixa.
Esta metodoloxía fomenta non só o pracer pola lectura, senón que mellora a atención e concentración dos nenos e nenas, á vez, que fomenta valores de repecto e comprensión polo esforzo e traballo dos compañeiros e compañeiras.
Como vedes, unha dinámica de aula moi sinxela que lles axuda a madurar na súa aprendizaxe!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario