23/04/21

23 de abril, Día do Libro

Este 23 de abril, celebramos o Día do Libro e todos os cursos de Infantil e Primaria escollemos o libro favorito do Itinerario Lector lido en cada aula durante a "Hora de ler".


Os rapaces e rapazas de 1º de Primaria, escollimos unha adaptación literaria de Alberto Szpunberg O Rei Midas para o noso traballo. Realizamos unha lectura colectiva na aula, escollimos as ilustracións que máis nos gustaron e fixemos as nosas propias representacións con debuxos das mesmas. Resumimos o conto entre todos, gravamos o resumo e así puidemos elaborar este video tan bonito!! Gustounos moito traballar con esta historia.

Na clase de 2º de Primaria lemos na “Hora de ler” o libro A Vaca titiritera de Concha Blanco. Fomos lendo de un en un os distintos parágrafos e contestando ás preguntas que facía a nosa maestra. Despois fixemos debuxos e entre todos reescribimos o texto. Gravámolo para volo contar. Foi una experiencia moi divertida.

Os alumnos de 3º de Primaria escollemos o libro "Os Minimortos" para o Día do Libro, xa que foi o que máis nos gustou. Namentres, os nenos e nenas de 4º de Primaria limos una cantos libros, pero co que mellor o pasamos foi con "Cuentos en verso para niños perversos" de Roald Dahl. Aquí no vídeo dámosvos máis datos.

Na aula de 5º de Primaria, resultounos ben difícil elixir un só título de todos os que lemos durante o curso; finalmente, decantámonos por "El Principito" de Antoine de Saint-Exupéry. 

Na aula de 6º de Primaria, ademais de falar sobre os Itinerarios Lectores traballados ao longo do curso, eliximos o favorito de toda a clase que foi "Escarlatina, a cociñeira defunta". Gravámonos contando a súa sinopse e enumerando cada unha de nós a razón pola que o seleccionamos.

As nenas e nenos de infantil quixemos celebrar o Día do Libro, o 23 de abril, facendo unha recreación dun dos nosos contos favoritos: " O POLO PEPE", da editorial SM.
Nesta recreación, integramos diferentes linguaxes ou formas de expresión: linguaxe musical ( 6º infantil), linguaxe visual, con pictogramas (5º infantil) e linguaxe corporal ou dramatización (4º infantil).
Se queredes máis información desta actividade dos máis cativos, podedes consultar o blog de Infantil do cole:

Agardamos que  os vídeos vos gustasen tanto coma a nós ler estes libros...
Feliz Día do Libro!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario