21/04/21

Pensamento computacional e impresión 3D nas aulas!!!

Nas aulas realizamos actividades de robótica e impresión 3D que favorecen o pensamento computacional á vez que desenvolvemos habilidades dixitais e nos familiarizamos coa linguaxe de programación dunha forma lúdica. 
Na aula de 6º de Primaria, atrevémonos coa impresión 3D. Durante este trimestre, estamos facendo proxectos en 3 dimensións para imprimilos e, despois, podernos quedar cun recordo desta tarefa ao mesmo tempo que aprendemos a visualizar imaxes en diferentes perspectivas.
Na clase de 4º de Primaria, fixemos unha búsqueda do tesouro e xogamos ao parchís cos robots "Blue-bots". Na búsqueda do tesouro, un de nós comezaba escondendo un tesouro nunha coordenada e o resto tiñamos que adiviñalo indo polas diferentes coordenadas (e acordándonos de non volver ás mesmas), así ata atopar o lugar no que se atopaba o tesouro.
No xogo do parchís intentamos chegar á casilla da nosa cor dando unha volta completa.
Na aula de 5º de Educación Infantil retomamos robótica con Codey Rocky... O robot do método de Castoria. Pasámolo en grande!!. 
Tamén, en 5º de Infantil familiarizámonos cos "Blue-bots" iniciándonos no xogo do parchís. Personalizamos as nosas carcasas...
E aprendimos como movernos polo panel de xogo, contando e movendo o Blue-bot.
Asemade, aproveitando a unidade traballada na aula sobre os animais, xogamos cun novo panel "Os monos" e o Blue-bot. Comezamos realizando percorridos sinxelos dende os simios ata os plátanos e escollemos libremente o camiño. Ao final, acadamos chegar a todos os froitos!!! 
No taller da linguaxe pasámolo pipa! Esta vez, xogamos co Blue-bot. Aproveitamos este recurso para traballar a conciencia silábica das palabras, tan importante para o futuro desenvolvemento da lecto-escritura e do dominio da linguaxe!
Asemade, na aula de 1º de Primaria iniciámonos na robótica usando os Blue-bots e diferentes paneis de xogo:
Amais, empregamos o robot conxuntamente coas regretas coa finalidade de desenvolver capacidades lóxico-matemáticas e favorecer a adquisición, dominio e afianzamento de diferentes contidos.
Os alumnos de 3º de Primaria iniciámonos na robótica cos Blue-bots. Foi unha sesión moi divertida, na que aprendemos a usar os robots facendo contas. Ademais, pasámolo moi ben xa que fomos poñendo retos e complicando o xogo cada vez máis (chegamos a facer o percorrido camiñando cara atrás).
Os nenos 2º de Primaria, elaboramos o noso propio panel e empregamos o Blue-bot, aproveitando a temática que estamos traballando na aula, tivemos que buscar e atopar deuses exipcios.
Como vedes, unha forma entretida de traballar a resolución de problemas en equipo ou individualmente!!!

Todas estas actividades relacionadas co pensamento computacional e impresión 3D, englóbanse dentro do Proxecto "Introducción á robótica educativa na primaria" que continuamos desenvolvendo no centro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario