01/06/21

Día do Medio Ambiente

Protexer e mellorar o medio ambiente é coidar da saúde do noso planeta. Cada 5 de xuño, o Día Mundial do Medio Ambiente, é unha oportunidade para lembrar o enorme valor da natureza e a importancia de protexela e lograr un futuro máis sostible.

Cultivo ecolóxico de sementes no carriño do Programa consumo de Leite e Froita

Desde o colexio tamén nos sumamos ao coidado da natureza e á loita contra o cambio climático a través de actividades como a reciclaxe, a reducción de residuos, a compostaxe... Así, aproveitamos para achegarvos a recompilación das imaxes participantes no VIII Certame Fotográfico coas que engalanamos o corredor principal do colexio. Fabulosas imaxes que nos amosan o ben que coidades o planeta.

Grazas a todos e todas. Parabéns, familias!!!

Amais, queremos amosarvos o fantástico labor do alumnado na redución de bioresiduos. A Guía de compostaxe que nos achegou o equipo Revitaliza foi de gran axuda  naquelas aulas onde tivemos dúbidas sobre como empregar o composteiro. Lembra que podes consultala cando o precises!!!

Nas aulas repasamos a regra dos 3 erres (reducir, reutilizar e reciclar) e falamos da importancia de seleccionar os residuos do lixo para poder tratalos,. Somos parte activa no proceso de reciclaxe. 

Informámosvos que dende que instalamos no patio o composteiro, está funcionando de cheo. 

Nel, convertemos os bioresiduos das merendas en compost, fertilizante natural.

Deste xeito, todos e todas contribuimos a reducir os residuos orgánicas que chegan ao vertedoiro favorecendo a saúde do medio ambiente.

Usamos o composteiro e, ao mesmo tempo que botamos os restos orgánicos, vemos o cambio que se vai producindo cos refugallos dos días anteriores.

Esta é a nosa forma de contribuír ao coidado do medio ambiente, apuntándonos á compostaxe!!!

Lembra, o 5 de xuño é unha data que nos brinda a oportunidade para enxalzar o valor da natureza e a súa importancia para a vida no noso planeta. Axudemos a coidala!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario