Rematamos o mes de maio presentándovos os diferentes Itinerarios lectores que tratamos nas aulas.
Despois da lectura, ilustramos a parte que máis nos gustou...
Os rapaces e rapazas de 3º centrámonos na lectura da obra "La momia despistada".
O alumnado de 4º de Primaria entretivémonos co título "A formiga destemida".
Os compañeiros e compañeiras de 5º de Primaria pasamos un bo intre lendo o exemplar "A lagoa das nenas mudas" e, logo, redactamos unha descrición dos personaxes principais.
Tamén lemos "ABDEL", de Enrique Páez, e completamos un cuestionario. Apoiámonos no ordenador para aquelas preguntas relacionadas co autor ou coa localización da temática do libro.
As alumnas de 6º de Primaria rematamos a lectura de "Cando soa a buguina", descubrindo o porqué do seu título, como se superan certos feitos cando eres pequeno e como sempre volven os recordos nos momentos que máis os precisamos.
Por último, comentarvos que en 5º de Infantil divertímonos moitísimo coa lectura de "A que sabe a lúa?".
Ao longo deste curso, publicamos os diferentes Itinerarios Lectores traballados nas aulas durante a sesión da "Hora de ler". Polo momento, cada curso rematou os títulos que tiñamos planificados para estes trimestres.
Agora, comezamos a argallar novos títulos para o vindeiro mes de setembro!!!
Agora, comezamos a argallar novos títulos para o vindeiro mes de setembro!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario