14/05/21

Xela Arias, Letras Galegas 2021

Este 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas dedicado a escritora Xela Arias. No colexio realizáronse diferentes actividades coas que difundir a figura da autora.

Comezamos o mes das Letras ensaiando e preparando a profe Antía con todos nós unha serie de estrofas que, logo, cantamos e gravamos para realizar a seguinte biografía musicaliza da autora acompañada de imaxes.

Por outra banda, esta semana, os alumnos de 3º de Primaria elaboramos un mural para as Letras Galegas. Nel escribimos palabras en galego que nos parecen bonitas ou descoñecidas para aprender o seu significado. Foi moi divertido buscar palabras novas no dicionario e escribilas. 

Amais, en 3º de Primaria organizamos un obradoiro de ilustración empregando xiz en cartolina negra para debuxar a caricatura de Xela Arias.

Na aula de 5° de educación Infantil estivemos coloreando, simulando a Andy Warhol, a cara de Xela Arias. Foi moi divertido!!!

E así de feitiño quedou o mural que fixemos todos os nenos e nenas de Infantil!!!

Na aula de 2º de Primaria traballamos a unidade didáctica de Xela Arias para coñecer diferentes aspectos da súa vida e obra.


O alumnado de 1º de Primaria traballamos unha unidade didáctica sobre Xela Arias co fin de coñecer a súa vida e as súas obras a través de actividades moi divertidas. 
O alumnado de 5º de Primaria, despois de falar sobre o significado do 17 de Maio, traballamos unha unidade didáctica da escritora baseada nun texto da súa faceta de tradutora. 
Nesta aula ABALAR e E-dixgal, aproveitamos os recursos dixitais dos que dispoñemos para  realizar a busca de información e atopar a resposta de varias das actividades propostas.
As rapazas de 6º de Primaria, aproveitando que na aula estamos traballamos a poesía en lingua galega, esta Semana das Letras organizamos un obradoiro deste xénero literario, recitando e reflexionando diversos poemas de Xela Arias e analizando o significado das súas verbas; amais, ilustramos cada unha un dos poemas tratados.



Dende o CEIP A Carballeira quixemos conmemorar este 17 de maio dedicado a Xela Arias,  celebrando que en Galicia temos unha lingua e unha literatura propia!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario