Estes días, gozamos da primeira saída neste curso. Visitamos o Mercado Municipal de Pontevedra!!!
Comezamos coa benvida por parte das monitoras á chegada ao Mercado. Faláronnos da historia do edificio na cidade.
Logo, tíñannos organizado un roteiro por grupos para visitar os diferentes postos:
Carnicería, peixería, froitas, verduras e legumes...
Florería, mariscaría, ultramarinos ( queixos, pan e embutidos)...
Amais, fixemos unha rolda de preguntas en equipo, na que practicamos e debuxamos o aprendido.
A visita, organizada polo Concello de Pontevedra, permitiunos realizar un achegamento ao produto de proximidade, do mar e dá terra, e ao mesmo tempo aos oficios que o conforman.
Deixámosvos tamén un precioso vídeo que resume moi ben esta primeira saída que todos/as estabamos desexando facer
Aproveitamos a ocasión para comentarmos que este curso participaremos no Plan Proxecta nas modalidades Aliéntate Ben e Proxectos de Vida Activa e Deportiva.
Lembra que é imprescible para crecer fortes e sans, manter hábitos de vida saudables como seguir unha dieta equilibrada e realizar exercicio físico todos os días.
Ningún comentario:
Publicar un comentario