02/11/21

Por fin chegou o día!!!!!

A nosa biblioteca tomou a palabra

Logo dun curso no que non puidemos ir á biblioteca, por fin podemos facelo. E comezamos con sorpresa!!!

O 20/10/2021 recibimos correo marítimo de Checho para anunciarnos a apertura da Biblioteca para o día 25 de outubro (o 24, día das Bibliotecas Escolares, foi domingo) 


 

 

pero ademais, deunos unha noticia “bomba”: Este verán, Checho foi pai!!!! aínda que ten un pequeno problema co nome do/a seu/súa fillo/a. Le a carta e saberás o que lle pasa

Todo o alumnado estaba desexando que chegase o 25 para coñecer a Chiño ou Chiña, e volver a usar biblioteca. 

 

Foi un día moi intenso, porque tamén se repartiron as Mochilas viaxeiras






En Infantil, ademais da mochila viaxeira coa que comezamos a semana, rematamos coas nosas mochilas laranxas para o préstamo semanal das nosas bibliotecas de aula. QUE VIVAN OS LIBROS E OS CONTOS!!! A desfrutar moito!!

E isto so acaba de empezar!!! 

Pronto teremos máis cousas que contarvos. Por exemplo... Saberemos pronto como se chama o novo membro da comunidade educativa? Será CHIÑO ou CHIÑA?

Ningún comentario:

Publicar un comentario