Que mellor momento para plantar árbores no noso monte comunal que coincidindo coa celebración da Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (CP 26), celebrada en Glasgow?
Todos/as sabemos que as árbores son sumidoiros de dióxido de carbono (principal gas causante do efecto invernadoiro, e polo tanto do quecemento global), así que se as nosas árbores prenden e medran encargaranse de absorber cando menos unha parte dos gases que nós emitimos.
A mañá comezou ben cedo e con algo de frío. Acompañounos andando Lucas, ao que temos que agradecer a organización desta actividade. Grazas, Lucas!!!! Fíxoo en colaboración coa Escola de Capataces Forestais de Lourizán
Cada un de nós plantamos unha árbore pertencente a una
especie diferente. Todas as especies son autóctonas, polo que contribuirán a mellorar a biodiversidade do monte. Menos mal que tivemos a axuda do alumnado da Escola de Capataces, porque sen ela nós non teríamos sido capaces de facer a plantación. Grazas chicos e chicas!!!!
Fixémola no Monte de Veliñas, un dos mellores miradoiros naturais da nosa parroquia e que agora ten ao redor dunhas 25 novas árbores.
E, quen sabe? Pode que desta experiencia saia o/a próximo/a presidente/a da nosa comunidade de montes ou un/unha experto/a capataz forestal
Ningún comentario:
Publicar un comentario