En todas as aulas do noso cole organizamos distintas actividades para conmemorar esta data, e reflexionar sobre a necesidade de poñer fin á violencia contra a muller.
Os máis pequenos de 4º de infantil traballaron con distintos contos que tiveron moito éxito.
Na aula de 5º de Educación Infantil xa plasmaron nestes estupendos debuxos a súa idea de "IGUALDADE".
En 6º De Educación Infantil fixeron uns preciosos carteis con accións que expresan emocións e sentimentos positivos entre iguais.
Tamén debuxaron á muller máis importante na súa vida.
En 1º de Primaria traballaron a igualde en distitos ámbitos.
En 2º de Primaria basearon os seus traballos nos contos:"Maruxa" e "Uñas de colores".
En 3º de Primaria traballaron sobre "Facer o ben" ou Facer o mal" .
En 4º de primaria despois de ver e debater sobre videos que trataban das distintas profesións, fixeron estes debuxos.
En 5º de primaria elaboraron a súa propia menciña contra a violencia cos ingredientes, a posoloxía, as indicacións... Mírade o resultado!!!!!!!!!!!
En 6º de primaría elaboraron os seus propios carteis con mensaxes e iconas moi orixinais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario