10/12/21

Mel de Galicia

O xoves, 9 de decembro, os nenos e nenas de Primaria participamos na actividade Mel de Galicia organizada polo Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia. 

A través dunha charla, achegáronnos o mundo das abellas. Ensináronnos o proceso de obtención do mel e materiais que empregan os apicultores para extraelo.

Ao remate, agasalláronnos cun tarriño de Mel de Galicia para degustar na casa este saboroso produto natural.




Ningún comentario:

Publicar un comentario