Durante estes dous meses do primeiro trimestre fixemos unha morea de cousiñas interesantes no noso cole e aprendemos un montón. Botádelle un ollo familias!!
AULA DE 6º EDUCACIÓN INFANTIL
Nos meses de novembro e decembro os nenos/as de 6º de Educación Infantil traballamos a unidade dos alimentos e fixemos tamén varios experimentos con froitas, pasta, ovos, copos de avea,...
E tivemos a degustación dunha marmelada caseira de pexegos e tamén probamos unha torta que Mateo fixo coa súa familia na casa.
No mes de novembro Mateo estivo de aniversario e no mes de decembro tocoulle a Candela. Parabéns chic@s!!
Ademais Matías trouxo ao colexio unhas fotos do Diario de Pontevedra onde saía el como membro do equipo de rugby ao que pertence.
E tamén fixemos moitos adornos e debuxos de Nadal, decoramos o corredor do noso cole, ensaiamos o baile "Navidad Rock" para a actuación do Festival de Nadal e traballamos a figura do Apalpador.
AULA DE 5º EDUCACIÓN INFANTIL
Nestas últimas semanas estivemos a facer moitas cousiñas na aula. En novembro comezamos a empregar o calendario: coñecimos en que mes estabamos, que aparecía nel, rodeamos de verde os días que imos á escola e de vermello os que non, traballando así nocións temporais, identificación de números, atención,... Cada vez facémolo mellor!
Tamén celebramos os primeiros aniversarios do curso: os nosos amiguiños Enzo, Ara, Omar e Sabela cumpliron 4 anos! Moitísimos parabéns!
Ademais investigamos con Candi algunhas culturas do mundo: a cultura masái, a china e mais a inuit! Primeiro buscamos en Google Earth onde se atopaban os países propios destas culturas e comprobamos o lonxe que están de nós! Coñecimos aspectos como: a súa vestimenta, alimentación, como son as súas casas... Ata vimos, coa axuda de Candi, un vídeo da celebración do aninovo chino!
No mes de decembro sucedeu algo incrible na nosa aula... O pingüín Serafín, a mascota de nadal da nosa clase, apareceu e deixounos un calendario de advento con misións e agasallos! Algunhas das misións que nos mandou facer foron: resolver unha adiviña de inverno, decorar a aula cuns adhesivos de Nadal, crear palabras de Nadal con letras de madeira, facer árbores de Nadal con regletas, pintar e decorar árbores de Nadal, facer fotos con gorros de Papá Noel, orellas de renos,... Que ben o pasamos!
AULA DE 4º EDUCACIÓN INFANTIL
Despois dos dous primeiros meses de clase, onde nos fumos adaptando pouquiño a pouco a todo o novo que nos rodeaba, podémosvos dicir que, agora si, xa formamos parte das rutinas diarias do noso cole e disfrutamos e aprendemos un montón!!
Comezamos xa a traballar un pouco nos nosos cadernos de Curtis nos que temos moitas actividades para facer, é o noso primeiro contacto con materiais, técnicas, conceptos,... pero sabemos xa moitas cousiñas e imos aprendendo máis día a día.
E tamén probamos a experimentar un pouco coas cores. Utilizamos leite, deterxente líquido, colorantes alimentarios e uns bastonciños para ver como as cores se mesturaban e o efecto que se producía ao tocalas cun pouco de deterxente. Pareceunos maxia!!!!
E como non podía ser doutro xeito, fumos preparando con tempo suficiente os nosos adornos para o corredor do cole. Puxémolo moi bonito con estrelas adornadas con diferentes materiais e piñeiros de cartón decorados. Traballamos moito e quedounos un traballo ben xeitoso!!
Ata nos deu tempo a facer un piñeiro de Nadal para a nosa aula!! E puxemos tamén un novo recuncho onde poder pintar e debuxar libremente.
E para felicitar o Nadal ás familias convertémonos en pequen@s Papá/Mamá Noel e cantamos a canción de "Navidad, Navidad" para o noso Festival de Nadal deste ano. Ensaiamos con moitas ganas e fixémolo con moito cariño para as nosas familias!!
E tamén fixemos unha sesión de fotografías navideñas para que queden no recordo!!
E como non podía ser doutro xeito finalizamos amosándovos un pouquiño o noso quefacer diario na nosa aula: xogar, xogar e xogar aprendendo moito!!! Fixemos construcións ben curiosas con pezas de goma eva, preparamos a mesa para comer e cociñamos moito, tendemos a roupa dos nosos bebés, clasificamos froitas pola súa cor e disfrutamos un montón lendo e mirando contos e libros.
E como o tempo tamén acompañou...aproveitamos os nosos ratiños no patio para xogar moito coa area!!
En pouco vos seguiremos informando de todo o que fagamos neste novo ano 2022. Un saúdo para todas as nosas familias!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario