Este luns, 17 de xaneiro, comezamos co programa de consumo de leite durante o recreo.
Os nenos e nenas do colexio sabemos que unha dieta sá e equilibrada debe conter este alimento tan imprescindible, o leite.
Pouco a pouco, imos afacéndonos ao seu consumo no recreo co fin de seguir un estilo de vida saudable.
Lembra que o 1º período deste programa abranguerá 20 días consecutivos, así, as vindeiras catro semanas poderemos beber leite fresco no tempo de lecer!
Ningún comentario:
Publicar un comentario