22/01/22

Polo correo do vento

Este luns 17 de xaneiro visitou o noso colexio o equipo creativo de "Polo Correo do Vento" que foron os encargados de facer unha pintura mural no patio do cole que representa os elementos máis destacados da contorna do noso colexio. 


Fóronnos explicando todo o que aparecía no mural acompañado de música e cancións e cunha ilustración en directo dun dos integrantes do equipo. Gustounos moitísimo e descubrimos aspectos moi interesantes dos arredores do noso colexio!


Ademais, ensináronnos a debuxar un corvo mariño seguindo unhas sinxelas indicacións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario