28/03/22

8 de marzo. Día internacional da muller

 O 8 de marzo celebramos o día internacional da muller con diferentes actividades.




Os maiores buscaron información na internet dunha muller científica  que celebrase o aniversario o mesmo día que el ou ela. Foi moi interesante e atopáronse con importantes descubrimentos que nin se podían imaxinar.

Os máis pequenos traballaron con mulleres importantes da súa vida. Outros fixéronlle unha entrevista que leron na clase e incluso as debuxaron realizando actividades pouco habituais.

En 2º de primaria elaboraron un mural con inventos de uso diario feitos por mulleres e outro coas pioneiras galegas que destacaron en diferentes ámbitos.




Ningún comentario:

Publicar un comentario