6º EDUCACIÓN INFANTIL (5 ANOS).
Os nenos e nenas de 5 anos traballamos no mes de Febreiro a conmemoración de Rosalía de Castro realizando en grupo un traballo de expresión plástica no que recollemos as flores que máis lle gustaban a esta escritora galega: os pensamentos.
Ademais participamos no Salón do Libro, este ano adicado á arte, con debuxos sobre a arte Naif.
Tamén fixemos máscaras para o Entroido e disfrazámonos dúas veces o venres de Entroido: cos disfraces que trouxemos da casa e despois cos disfraces que elaboramos nós do conto "Os sete cabritos e o lobo".
Tamén celebramos o Día da Paz realizando unhas pombas ben xeitosas, símbolo da Paz e a non violencia.
E o 2 de Febreiro celebramos o Día da Candeloria realizando uns traballos moi especiais tendo aos paxariños como protagonistas. Somos uns grandes artistas!!
5º EDUCACIÓN INFANTIL (4 ANOS).
Durante estes meses na aula de 4 anos estivemos aprendendo moitas cousiñas.
Incorporamos ás nosas rutinas diarias novas actividades de lóxica matemática coa recta numérica: a descomposición de números con pezas de madeira, saltar e identificar que número temos diante e detrás, e iniciámonos nas sumas.
Tamén comezamos a escribir todo o grupo o nome do encargado ou encargada nas láminas borrables e o número de letras que ten, identificar a inicial e pensar palabras que comecen por esa letra... Ademais, o encargado do día debúxase na pizarra, traballando así o esquema corporal.
Os venres facemos o préstamo de libros, e as nenas e nenos encárganse de buscar e tachar a portada do que escollen no noso libriño de empréstitos.
Por outra banda, como podedes ver xogamos moito no patio e mais na aula! Desenvolvendo habilidades sociais, matemáticas...
E, nestes meses, estivemos inmersos na aprendizaxe sobre o corpo humano. Algunhas nenas e nenos trouxeron a aula libros, debuxos para contarnos hábitos para unha boa saúde, ecografías, radiografías... Descubrimos moitas cousiñas e pasámolo xenial! Graciñas familias por participar coa busca de información!!
Coñecimos así os nomes dalgúns órganos, compuxémolos con letras de madeira que tiñamos que buscar na caixa sensorial, creamos un palmómetro, medímonos a partir das pisadas e estampamos as nosas mans nunha cartolina, que expuxemos no corcho da aula, simbolizando que todas e todos somos parte do grupo, únicos e valiosos.
Seguiremos contándovos as nosas novas aventuras...!
4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS).
Na aula de 3 anos comezamos o novo ano traballando a estación do inverno, montamos o noso recuncho do Inverno, coloreamos os nosos traxes e gorriños de inverno para colocar no mural do corredor do cole e tamén traballamos con tarxetas para identificar as imaxes invernais coa súa sombra correspondente.
Ademais continuamos traballando as cores de xeito lúdico, utilizando formas de animais e froitas de diferentes cores e clasificándoas no conxunto adecuado. E sen esquecernos de xogar, que preparamos unhas mesas para comer ... marabillosas!!
Preparamos tamén o noso Recuncho do Inverno na aula.
E traballamos moito no caderno de Curtis, que durante estas semanas nos propoñía aprender moito sobre o corpo humano, así que organizamos un recunchiño con libros e xogos relacionados con este tema. Ahh! E tiñamos tamén na clase ao noso amigo esqueleto "Mariano" (que xa forma parte do noso grupo!).
E seguimos aprendendo a contar a través do xogo e das actividades manipulativas, para que nos resulte máis sinxelo e significativo. Aprender é divertido! E sobre todo pintando que é unha das actividades que máis nos gusta facer, desta vez sobre un grande papel laranxa no chan para poder experimentar libremente coas cores.
E como no día a día xorden moitas curiosidades, no patio atopamos un caracol que espertou o noso interese, así que o levamos durante uns días á nosa aula para observalo con tranquilidade. Pero decidimos que era mellor que estivese no seu medio natural e voltámolo ao patio pasados uns días.
E comezamos a nos aproximar á lingua escrita empezando por recoñecer o noso nome e as letras que o compoñen.
Tamén xogamos coas tarxetas das partes do corpo humano e, como o patio nos ofrece moitas oportunidades, atopamos moitas pedras que nos pareceu interesante recoller para logo podelas pintar de cores. Quedaron moi bonitas e pasamos un ratiño artístico ben divertido!
Non podemos esquecer tampouco a celebración da Candeloria, o día 2 de febreiro, data na que se celebra que os paxariños casan e a proximidade da primavera. Fixemos uns traballiños moi bonitos!
E por suposto, a celebración do Día de Rosalía de Castro, grande escritora galega. Para este día contribuímos á actividade que fixeron todos os cursos do cole, decorando á nosa Rosalía rodeada de pensamentos, a flor que a ela máis lle gustaba.
E con todo isto, chegou o Entroido!! Este ano, xa que no colexio arrancamos co Programa "Lectura e Familias", que ten como lema principal VENME CON CONTOS, adicamos este Entroido aos contos e á literatura infantil. Así que, por arte de maxia, os nen@s da aula de 3 anos convertémonos en ratiños, xunto coa profe Fuen que se transformou nun frautista: O FRAUTISTA DE HAMELIN.
E finalizar amosándovos as marabillosas obras de arte que os nenos e nenas de 3 anos presentamos xunto cos outros compañeir@s do colexio como traballo ao Salón do Libro celebrado en Pontevedra e que este ano tiña como lema "CON MOITA ARTE".
Así, presentamos unha maqueta dun museo, no que cada aula tiña unha sala para poder expoñer os seus traballos. Na nosa aula traballamos coas cores e as paisaxes e éstas foron as nosas creacións:
NOITE ESTRELADA:
FONDO MARIÑO:
PARABÉNS!! Uns grandes artistas estes pequen@s!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario