07/04/22

"Venme con contos": contacontos en Educación Infantil

Co inicio da campaña "Venme con contos", o pasado mércores visitounos Cristina, a nai de Lucía, e contounos a historia da "Bruxa regañadentes" ás nenas e nenos de educación infantil. Pasámolo fenomenal, e ao rematar agasallounos cunhas caretas de bruxas e mais un pouco de po máxico!

Moitísimas grazas familia por pasar este ratiño con nós!



Ningún comentario:

Publicar un comentario