19/04/22

"Venme con contos": Nauel e Xaira comparten con nós a súa lectura de Becquer

 O venres, 8 de abril, visitounos Nahuel (irmán de Julé) e a súa amiga Xaira para compartir co alumnado de 5º e 6º unha lectura da lenda de Becquer "Ojos verdes". Foron lendo, explicando o que ía pasando, fixeron preguntas aos alumnos e alumnas sobre as súas impresións e ata acompañaron esta lectura con música en directo. Que máis podemos pedir?

Deixámosvos un pequeno vídeo resumo deste magnífico rato de lectura compartida e dámoslles as grazas a Nahuel e Xaira pola súa participación no proxecto "Venme con contos"



Ningún comentario:

Publicar un comentario