16/05/22

Día do Libro: "Os primeiros libros da historia: os orais"

    En abril, celebramos a Semana do libro co lema "Os primeiros libros da historia: os orais", enlazando así o lema deste curso nas bibliotecas escolares de Galicia "A biblioteca ten a palabra", co proxecto "Venme con contos" no que traballamos cos nenos/as e coas familias, a lectura, investigación e exposición de contos, lendas, cantigas e/ou xogos de tradición oral.

    E que mellor maneira de comezar esta semana que coa sesión de formación con Damián Alonso (dobrador profesional, experto no uso da voz, e moitas cousas máis) á que asistimos o martes 19, mestres/as e familias. Ademais de aprender un montón, pasamos un rato superdivertido. 


     
O martes, 26 de abril, aprendemos a facer marionetas de man con gomaespuma, para ter outro recurso cando contemos un conto.

E, por suposto, traballamos durante eses días as lendas, as cantigas, os contos de tradición oral. Xa vos amosamos un exemplo deste traballo coa entrada de "Unha lancha de Marín" da rapazada de 2º. Pero houbo máis cursos que traballaron nas lendas:


 

E algún dos traballos de 4º:





O alumnado de 5º traballou en lendas de Pontevedra. Queredes ver o que pescudaron?


Ningún comentario:

Publicar un comentario