O venres 6 de maio, os rapaces e rapazas de Infantil e Primaria, participamos no obradoiro de alimentación "Fai click ao teu bocata", modalidade do programa Aliméntate ben do Plan Proxecta+.
A finalidade do programa, dar a coñecer ao alumnado o mundo mariño e a posibilidade do seu consumo a través das conservas debido a súa importancia nutritiva.
Comezomos a actividade cunha Introdución e presentación. Charla divulgativa sobre a alimentación saudable, a participación que teñen os produtos do mar nela e cal sería o consumo aconsellable.
Seguimos coa mostra de bocata. Fíxose unha pequena demostración de como se realizan os bocatas que foron degustados ao finalizar o obradoiro. Elaborados con pan artesán, conservas, queixo, leituga e tomate natural.
A continuación, gozamos dunha charla divulgativa. Versou sobre diferentes especies que podemos atopar nas conservas, véndoas no seu medio natural, explicando o seu método de captura ou cultivo, e por último como se preparan para a súa conservación. Tamén nos falaron das diferencias entre conservas en tarro e en lata. Explicáronnos doce especies: Agulla, Sardiña, Cabala, Anchoa, Bocareu, Atún, Berberecho, Calamar, Navalla, Mexillón, Polbo e Zamburiña.
Rematamos cunha rolda de preguntas rápidas a modo de xogo sobre os novos coñecementos adquiridos, e a achega de agasallos, xunto co reparto dos bocatas.
Non esquezas, na casa, tamén fai click ao teu bocata!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario