O día 25 de novembro conmemórase o día internacional contra a violencia de xénero. Esta conmemoración está incluída na ORDE de 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar.
No noso centro decidimos traballar cos refráns que nos pareceron pouco igualitarios e/ou que cosifican á muller, dándolles unha volta para buscar a igualdade.
Felicitamos ao alumnado de 6º pola análise feita e as recreacións dos refráns propostos, xa que foi quen de darlle unha verdadeira volta igualitaria.
Tamén se merece unha felicitación o resto do alumnado de Primaria por ilustrar estes cambios de forma tan bonita.
Para darlle visibilidade ao noso traballo, completámolo cunha pequena manifestación.
Parabéns, rapaces e rapazas!!!
E so traballou o tema o alumnado de Primaria? Por suposto que non!!!
O de Infantil fíxose unha pregunta:
"Que cousas marabillosas podemos facer coas nosas mans?"
cociñar, amar, voar, camiñar, abrazar, agarimar, construír, limpar, camiñar como arañas, acompañar...
E ningunha é molestar ou pegar.
Como non foron á manifestación, remataron a súa celebración saíndo ao soportal para festexar a sorte que temos todos e todas de ter unhas mans tan xeitosas e de ser un gran equipo! E bailaron coa canción de El Diluvi e Sés "E ti, só ti"
Unha mañá preciosa e moi reivindicativa!!!
.jpeg)
.jpeg)


Ningún comentario:
Publicar un comentario