01/12/22

Traballando cos cogomelos con Brincabois

O outono agasállanos todos os anos cunha marabilla da natureza: os cogomelos.

Este ano, a asociación micolóxica Brincabois axudounos a coñecer este mundo un pouco mellor. 

Tras varios atrasos por mor do tempo meteorolóxico, por fin puidemos saber máis sobre eles. 

Primeiro tivemos unha charla na que nos explicaron que eran, as súas partes, clases, ... e o martes saímos na súa procura polos montes próximos ao cole, coa axuda de Esperanza, que nos foi explicando o que era cada unha. Descubrimos algunhas superchulas, como a man do diaño.

 

Para rematar, e tamén coa axuda de da asociación, fixemos unha exposición no cole



Ningún comentario:

Publicar un comentario