24/03/23

SAÍDA Á RIBEIRA DE LOURIZÁN

O día 22 de marzo os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria do Ceip A Carballeira foron á ribeira de Lourizán. Alí, ensináronnos o traballo das mariscadoras. A nosa primeira parada foi a Confraría de mariscadoras onde nos deron os nosos carnés para poder mariscar durante a mañá. Cruzamos a pasarela e chegamos á praia onde nos prestaron os diferentes utensilios para mariscar. Experimentamos o que era ser mariscadoras durante un curto rato e aprendemos a non subestimar o que é adicarse a este traballo. Aquí podedes ver algunhas das fotos:
Os nenos e nenas de 5º de primaria estaban moi impacientes porque tiñan que facer unha reportaxe a unha das mariscadoras chamada Ángeles Lesende para a súa canle Carballeira TV. Aquí podedes ver o resultado:
Por último, paramos no punto de control onde había pesas e máquinas que separaban as ameixas por tamaños.

Ningún comentario:

Publicar un comentario