Do 6 ao 10 de Marzo celebramos a Semana da Prensa. Comezámola cunha exposición de xornais de distintos países do mundo
E que fixemos logo?
Os nenos e nenas de Infantil visitamos a exposición, observamos as letras e as imaxes de xornais de todo o mundo, sorprendéronnos as letras tan diferentes ás que nos coñecemos e tentamos interpretar e recrear oralmente algunhas das noticias.
Manexamos xornais e formulamos cuestións como que é un xornal? que é unha noticia?, por que hai letras de diferentes tamaños? que son os anuncios? ...
Finalmente con debuxos, recortes de periódicos e as letras adecuadas fixemos unha pancarta para amosarvos a tod@s.
No proceso as letras "descolocáronse" e puxeron cousas estrañas que nos fixeron pensar e rir. Menos mal que aprendemos o son de cada unha e conseguimos organizalas e que puxeran ben o que tocaba esta semana
En primaria tamén visitamos a exposición. Miramos os distintos formatos de xornais que hai no mundo, tentamos pescudar a que países pertencían, en que idioma estaban escritos, que dirían as novas publicadas, miramos as súas seccións e traballamos recreando as noticias. Usamos incluso un programa de maquetación, o Scribus, porque en breve teremos o traballo de maquetar as novas do noso propio xornal "Faro da Escola"



.jpg)

.jpg)


.jpg)


Ningún comentario:
Publicar un comentario