22/04/23

BIBLIOTECA NOVA?????

 Non, nova, nova non che é, pero vaia cambio!!!!

Logo de moitos meses de revisión, expurgo, modificación e adquisición de mobiliario, de darlle voltas á súa distribución, de contar con moita axuda do profesorado... e das familias!!! que traballaron nos arranxos dos mobles, en cambiar cousas dun lado a outro, en mover libros....

Por fin logramos volver a gozar do espazo de biblioteca!!! Segue a ser un espazo pequeno, pero agora conta con novos usos: espazo lector, espazo de investigación, espazo de audición, de xogo....

En breve, invitarémosvos a visitala!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario