22/04/23

Lectura e familias: Obradoiro con Charo Pita: "Abrazar coas palabras"

O 26 de abril, ás 16:30, teremos a sorte de contar con Charo Pita nun novo obradoiro de Lectura e Familias. Leva por título "Abrazar coas palabras" e vai dirixido ás familias con cativada entre os 3 e os 9 anos. Os papás e mamás podedes vir sós/soas ou cos/coas nenos/as.

Aprenderemos con ela pautas lectoras, xogos cos libros que estimulen a creatividade e a cooperación coa fin de axudar a cimentar no día a día unha relación baseada nesa calma coa que sempre nos agasalla a lectura compartida.

 

Quen é Charo Pita?

Comezou a narrar historias no ano 1994 e viaxou con elas polo mundo: Alemania, Polonia, Italia, Nicaragua, Galicia, España. 

Imparte obradoiros de narración e lectura expresiva e leva publicados máis dunha ducia de libros e gañado algún que outro premio literario, entre eles o Espiral Maior de poesía no ano 2001 e o premio Manuel Murguía de narracións breves no pasado 2018. 

Unha das súas facetas máis persoais é a de mesturar contos e música. 

 

 

 

ANIMÁDEVOS A VIR!!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario