11/11/26

PDI

Estes meses de setembro e outubro estivemos traballando arreo nos retos que Checho e Chiña nos propuxeron dende o PDI da biblioteca deste curso, que como ben sabedes é sobre Galicia. 

Entre os moitos retos, temos o puzzle-mapa de Galicia que elaboraron conxuntamente o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria no mes de setembro. 

Xa no mes de outubro, e aproveitando a conmemoración do Samagosto, o alumnado de Educación Infantil investigou sobre os trasnos; os nenos e nenas de 1º e 2º sobre as meigas; os de 3º e 4º sobre o Samaín; e, o alumnado de 5º e 6º sobre a Santa Compaña. 



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario