11/11/26

SAMAGOSTO

O pasado 30 de outubro celebramos no noso colexio o Samagosto, unha festa chea de maxia, tradicións e moita ilusión. 

Leváronse a cabo varias propostas dende o centro: a elaboración dos cornetes, sopas de letras con vocabulario, contacontos do alumnado de 5º e 6º ao resto de nenos/as, decoración de portas, xogos tradicionais, degustacións de castañas e chourizo con pan... 

Que ben o pasaron!


 

Ademais, dende a biblioteca tamén se fixeron algunhas recomendacións lectoras para esta data tan sinalada no noso calendario. Agardamos que vos gustasen! 



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario