27/10/26

MOCHILAS VIAXEIRAS

O pasado 24 de outubro conmemoramos o Día das Bibliotecas Escolares e tamén puxemos en marcha a aventura das Mochilas Viaxeiras. 

Cada mochila está chea de libros e historias preparadas para viaxar ás casas do alumnado, converténdose tamén nunha oportunidade para compartir momentos de lectura en familia. 

Agardamos que desfrutedes coma cada ano desta experiencia!!  

 

 

 

CONTACONTOS CON EREA MORA

O pasado 14 de outubro o alumnado de Educación Infantil, xunto coas súas familias, tiveron a sorte de poder desfrutar do contacontos "El lobo Papón" de María Fanjul González contado por Erea Mora. 

Foi unha experiencia moi especial na que se compartiron risas, sorpresas e momentos cheos de maxia, que espertan a curiosidade dos nenos/as e o gusto pola lectura. 

Grazas familias e alumnado por participar e a Erea por compartir connosco esta actividade!  


 

DESCUBRINDO GALICIA

Este curso o noso centro embárcase nunha aventura moi especial: "Descubrindo Galicia", un proxecto no que percorreremos a nosa comunidade autónoma para coñecela mellor. Dende a nosa historia, festas, tradicións, lendas, personaxes, música... E todo coa axuda Checho e Chiña! Estades preparados/as? Isto comeza xa!! 



 

 

11/06/26

PREMIOS FARO DA ESCOLA

 A nosa escola está de noraboa, xa que obtuvimos varios premios polo noso "Faro da Escola"! Parabéns á rapazada por conseguilo, por moitos máis!



05/06/26

Día do Medio Ambiente - Wangari Maathai

 Nesta conmemoración, grazas á axuda das familias, conseguimos reservar un recuncho do noso patio para dedicarllo neste 5 de xuño, día do Medio Ambiente, á feminista africana Wangari Maathari. Foi Premio Nóbel da Paz e o seu obxectivo foi combatir a deforestación e a desertificación co cinturón verde (plantacións de árbores) en África, mentres loitaba contra a pobreza empoderando ás mulleres rurais. 

A rapazada plantou flores no noso xardín, levaron regalos conmemorativos e leron poesías en honor a Wangari. Un exemplo a seguir!





Ademais, con 6º curso de educación primaria e grazas ás achegas de Camila, aprendimos sobre comida saudable e fixemos un obradoiro con degustación, por suposto!







Estaba riquísimo! Ata a próxima!





02/06/26

Música e familias: diversión asegurada!

 Desta quenda, o alumnado e as familias do noso colexio xuntáronse baixo o amparo da música para poder gozar todas xuntas en comunidade. Pasámolo xenial, vémonos na seguinte! Música, mestra!!



25/05/26

Obradoiro de xogos de mesa!

 A rapazada de 6º de educación primaria estivo desenvolvendo un obradoiro para as súas compañeiras e compañeiros de 1º e 2º de educación primaria. Divertíronse moitísimo!





21/05/26

Recompilación do noso PDI: AS MANS VALEN OURO!

 Durante este curso fixemos moitas achegas ao noso PDI, aí vos van unhas cantas:

  • Construimos coas nosas mans e coas das nosas familias... ata unha estación espacial internacional!








  • Cociñamos (en familia tamén)









  • Fixemos chapas




  • Manualidades



  • Na horta











  • Día das Letras Galegas





Moitas grazas a todas/os por participar! Sen vós non sería posible ter feito tantas cousas!






15/05/26

17 de maio Día das Letras Galegas: Begoña Caamaño

 A rapazada do noso colexio estivo aprendendo sobre Begoña Caamaño a  periodista e escritora feminista que é homenaxeada este 17 de maio coa conmemoración do Día das Letras Galegas.


Os diferentes cursos achegaron diversos recursos (pasapalabras, debuxos, investigacións sobre a autora) que se expuxeron no colexio. Ademais, escoitamos cancións galegas no recreo, despois 6° leunos un manifesto da autora e por último limos libros en galego todos os cursos xuntos no patio!







05/05/26

Os maios

 Os maios chegaron ao noso colexio! Grazas ás achegas da rapazada e as familias contruímos este maio que podedes ver na entrada do colexio. Moitas grazas por participar!








23/04/26

23 DE ABRIL - Día do libro

Aproveitando a celebración do día do libro, a rapazada do noso colexio estivo facéndonos as súas recomendacións lectoras, desde educación infantil ata educación primaria. Non volas perdades!!













08/04/26

ESTAMOS EN RADIO PONTEVEDRA!



 A rapazada de 4º e 6º curso de Educación Primaria do noso cole foi a Radio Pontevedra e gañamos un concurso! O premio foi que durante estes 15 días estarán en antena, retransmitindo este fragmento que gravaron na saída, non volo perdades!






                                                                                                                                            


24/03/26

Coidamos os ollos!

 Hoxe tivemos visita para aprender a coidar os nosos ollos, aprendimos moitas cousas e tivemos concurso ao final para comprobar a nosa aprendizaxe. Isto da miopía tiña moita miga. Foi moi divertido!




23/03/26

Novos recursos na biblioteca

 

Da man de Iria Bermúdez (Mans de Ouro - @mansdeouro), este ano contamos con recursos adaptados para atender á diversidade do noso alumnado, empregando diversos formatos:

  • Poesía con Colas de Sereas
  • Comprensión lectora con Formando Monstruos
  • Bibliografías con Mulleres Influíntes ou Mulleres Marabillosas
  • As novas con Formando Noticias
E moitos máis! Son xeniais!








17/03/26

ENGLISH THEATRE!

 Hoxe tivemos a sorte de ter teatro en inglés para a rapazada de Educación Infantil e primeiro e segundo de Educación Primaria! Escachamos coa risa, grazas por vir!




                                                







16/03/26

13/03/26

VISITA CLUB CISNE BALONMÁN

 Este venres aprendimos sobre a alimentación e hábitos saudables da man deste equipo de profesionais, grazas por vir!



                                                                                        


10/03/26

Obradoiro de animación á lectura e familias con: Bolboreta!

 A rapazada de 1º e 2º de educación primaria estiveron aprendendo a importancia de quererse a unha mesma/o e da autoestima grazas a o conto da bolboreta. Estivo xenial!