21/01/14

Xa temos un novo rostro nos Devoradores de libros

No noso cole a Biblioteca é moi importante e usámola moitos nenos e nenas cada día para buscar información, utilizar as tablets e os ordenadores,  coller prestados libros e DVDs ou devolvelos…
Este curso puxemos un rincón chamado “Devoradores de libros” onde imos anotando os nomes dos rapaces e rapazas que levaron e leron máis libros durante cada mes.
No pasado mes de decembro, a devoradora de libros foi Silvia, de 6º curso, e hoxe ímoslle facer unha entrevista que agardamos que vos guste:
 Patricia: Por que che gusta tanto ler?
Silvia: Porque me gusta meterme dentro das historias, imaxinando que me  suceden a min.
Adrián: Cando empezaches a interesarte pola lectura?
Silvia: Pois desde os 5 ou 6 anos, cando aprendín a ler.
Patricia: Canto tempo lle adicas á lectura na túa casa?
Silvia: Durante a semana, 30 minutos despois de facer os deberes, e as fins de semana, un pouco máis de tempo.
Adrián: Sobre que prefires que traten os libros?
Silvia: Gústanme as historias románticas e tristes. Tamén me gustan os libros de intriga e misterio.
Patricia: Cal é o libro que máis che gustou?
Silvia: “Historia dun segundo”, de Jordi Sierra i Fabra. Gustoume porque era romántico e, á vez, tiña un pouco de intriga.
Adrián: Asistes moito á Biblioteca do Cole?
Silvia: Pois si, para buscar información e desconectar un pouco lendo alguna historia, aparte de facer uso do préstamo de libros.
Patricia: Usas os ordenadores e as tablets da Biblioteca?
Silvia: Claro que si, sobre todo para buscar información.
Adrián: Coñeces algún autor ou autora?
Silvia: Si. Teño o placer de ter coñecido a Fina Casalderrey porque veu ao noso Cole o ano pasado e deixounos embruxados coa súa forma de ser e de relacionarse con nós.  

1 comentario: