22/02/17

Día de Rosalía 2017

O día 24 de febreiro de 1837 naceu Rosalía de Castro; por iso, en conmemoración ao seu nacemento, cada 24 de febreiro celebramos en Galicia o Día de Rosalía.
O colexio participou na actividade proposta pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG): #RosalíaTe. Nós levámola a cabo mediante obradoiros.
A primeira parte da actividade organizámola en dous talleres, por unha banda o de máscaras e, por outra banda, o de escrita.
O “Obradoiro de máscaras” consistiu na elaboración de cadansúa máscara de Rosalía.
O “Obradoiro de escrita” empregámolo para traballar diferentes poemas da escritora nas aulas (elaboramos carteis cos seus versos, recitamos e memorizamos).
A segunda parte da actividade precisaba a colaboración das familias. Necesitabamos que os nenos e nenas fixeran fotos coa máscara de Rosalía acompañados das súas persoas maiores, amosando o cartel co verso escrito.
Coas fotos aportadas elaboramos unha exposición na entrada do colexio.
Reflectimos o traballo realizado para conmemorar o Día de Rosalía nun vídeo, incluíndo os gravacións dos versos memorizados polos rapaces e rapazas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario