20/02/17

Froita fresca na escola!!

Continuamos coa nosa participación no Programa de Consumo de Froitas e Hortalizas: "Froita Fresca na Escola".
Esta semana de novo puidemos degustar nos períodos de lecer dun alimento tan sabedeiro e saudable como é a froita. 
Cada vez somos máis conscientes de que comer froita é un hábito básico para seguir unha dieta sa e equilibrada.
Voltamos saborear: amorodos, mazás, plátanos, laranxas e peras.
Aproveitamos a ocasión para lembravos que continuamos co "Luns, Día do Iogur" e o "Mércores, Día da Froita"
Estamos a piques de rematar co programa "Froita Fresca na Escola", pero aínda nos queda a semana do 13  de marzo para beneficiarnos desta actividade. Polo de pronto, seguiremos degustando estes produtos naturais!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario