16/02/17

Ponlle as pilas ao teu bocata!!!

O pasado venres, 10 de febreiro, participamos nun obradoiro de alimentación do programa “Ponlle as pilas ao teu bocata”; unha campaña promovida pola Consellería do Mar para dar a coñecer os abondosos beneficios das conservas de productos do mar e fomentar o seu consumo.

Para levar a cabo esta actividade, viñeron ao colexio dúas monitoras, co fin de amosarnos a todos e todas, o saudables que son os bocatas de conservas do mar coma mexillóns, atún, sardiñas, choco… acompañados de leituga, maionesa, cenoria, tomate, millo, olivas, etc.

Comezamos cunha charla, onde as monitoras nos dixeron que se chamaban PANS. Esas siglas significaban: Profesoras de Alimentación e Nutrición Saudable. Alén diso, fixeron unha rolda de preguntas relacionadas co medio mariño e as súas especies. 
Deseguido, pediron tres voluntarios para realizar cadanseu quebracabezas, unha sardiña, un atún e un mexillón. 


Seguidamente, puxeron os quebracabezas diante dun “casco cámara” e o así comenzaban as proxeccións duns vídeos nos que esas especies animais nos contaban as súas propiedades e beneficios.

Logo, agasalláronnos cunhas gorras moi vistosas...
Ao rematar, chegou a hora de facer unha morea de bocatas!!!
Algúns non puideron agardar á hora do xantar!!!
 

Foi unha actividade moi instrutiva na que aprendimos como as especies mariñas en conserva, combinadas con vexetais, nos aportan unha chea de enerxía que precisamos para medrar fortes e sans.
Pincha na imaxe se queres ver máis fotos

Xa sabedes rapaces e rapazas, para ter unha boa saúde cómpre comer variado!!!

India, Sara, Aarón, Iker Loira e Iker Ucha 6º

Ningún comentario:

Publicar un comentario