05/03/18

Traballando co Robot Mouse

Os nenos e nenas dos primeiros cursos de Primaria, estamos coñecendo o funcionamento do Robot Mouse.

Xogando, aprendemos a programalo. Por medio de cartas de secuencias, ao longo do labirinto creado coas pezas plásticas modulares, dámoslle as ordes que cremos correctas para que o rato chegue ata o queixo.
Cando erramos no percorrido, os compañeiros e compañeiras compartimos ideas e cooperamos para conseguir, entre todos, o obxectivo proposto.
Estes pequenos retos, non só nos ensinan a programar o robot, senón que amais, axúdannos a aprender a respectar as quendas e favorecen o traballo colaborativo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario