27/11/20

Non á Violencia de Xénero

O pasado 25 de novembro, Día Internacional da non violencia de xénero, mediante a elaboración de carteis, empregando a nosa creatividade para idear debuxos, palabras, frases ou a nosa voz, quixemos contribuir na construción dunha sociedade inclusiva, á igualdade entre mulleres e homes. 

Día a día, na escola, traballamos pola igualdade de xénero e a non violencia; porén, tentamos que os nenos e nenas observaran que este día significa alzarse contra calquera tipo de violencia cara ás mulleres.

Igualdade, respecto, ilusión, tolerancia, valentía, dereitos, principio, apertas, bicos, compartir, ler, xuntos, fin, desigualdade, barreiras, non violencia... palabras positivas e non positivas empregadas nesta actividade e coas que pretendemos acadar a igualdade de xénero e a non discriminación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario