02/12/20

Certame "Postais de Nadal 2020" e "Foto árbore-Nadal"

Nestas datas, convocamos o "Certame de postais de Nadal 2020". Elabora a túa tarxeta e lembra enviarlla a túa mestra. Tes ata o 11 de decembro para idear a túa creación.  A tarxeta elixida será empregada para felicitar as festas dende o colexio.

Por mor da COVID-19, este curso non contaremos cunha árbore de Nadal; non obstante, precisamos unha foto na que saiades vós diante ou a carón da vosa árbore ou adornos de Nadal que teñades na casa. Con todas elas, engalanaremos os teitos dos corredores. Se queredes participar, enviádella a vosa titora e lembrade, o prazo remata o 11 de decembro.


Rematamos comentándovos que na biblioteca contades cunha selección de libros de Nadal.

Grazas a todos e todas pola vosa colaboración!

Ningún comentario:

Publicar un comentario